O que siñifica unha vaca

A vaca e o simbolo da paz. Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. A vaca esqueceuse dos cornos e dános o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos, Non no pode dar máis. O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra aos probes que van polos camiños. En troques a vaca é o amparo dos pobres libres. Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cría da Humanidade. O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida. Fragmentos de “A Vaca.” Castelao 1937